historia
Expres de Vea: máis de 50 anos ofrecendo servizos de calidade. Empresa fundada en 1952 por Don Salvador Barcala Cerviño e Don Manuel Barcala Loureiro, nace para dar servizo ó transporte de viaxeiros dende a comarca do val de Vea (A Estrada) a feiras e mercados de Moraña, Padrón, Cuntis, Lestedo, Santiago e Rodeiro.
Ó longo dos anos, e grazas á confianza depositada nesta empresa polos nosos clientes, así como a nosa continua vontade de superación, fóronse adquirindo as empresas AUTOS J. LORENZO RODRIGUEZ, S.L. en 1999 e AUTOS M. LORENZO RODRIGUEZ, S.L. en 2008 e pasouse a formar parte da agrupación de interés económico TRAVIBUS NOROESTE A.I.E. no ano 2005.
Esta inquedanza por manter unha empresa familiar nun mercado onde prevalece a lei do máis forte fai que intentemos superarnos día a día ofrecendo un servizo adaptado ás necesidades de cada cliente.
LOXÍSTICA
Actualmente EXPRES DE VEA, S.L. atópase en Santa Cristina de Vea, a 7km de A Estrada e a 20km de Santiago, tendo outro centro en Catoira, ó adquirir a empresa AUTOS J. LORENZO RODRIGUEZ, S.L. en 1999 e AUTOS M. LORENZO RODRIGUEZ, S.L. en 2008.
Logo desta adquisición, EXPRES DE VEA centrou a súa actividade unicamente no transporte de viaxeiros por estrada en servizos regulares, escolares, de traballadores, discrecionais, etc…