seguridade

Expres de Vea ofrece a máis alta seguridade ós seus clientes e usuarios porque ...

1.- Conta cun Equipo Humano con ampla experiencia no sector, equipo que está en continua formación e reciclaxe.

2.- Conta con Autocares de Última Xeración, nos que se incorpora tecnoloxía punta en seguridade (sistema antienvorco, sistema electrónico de freos EBS, ESP, suspensión pneumática, cintos de seguridade, dobre cristal, antideformables, ABS-ASR, …), apostando polas mellores marcas tanto de bastidores (Volvo, Iveco, VDL, Man, Bmc, Renault,…) como de carroceiros ( Irizar, Beulas, Sunsundegui, Unvi, Andecar, …)

3.-Fai unha revisión, mantemento e limpeza diarios dos autocares nas nosas instalacións, así como un mantemento periódico nos talleres oficiais das marcas correspondentes.

4.- Conta con autocares respectuosos co medio, cumprindo ca normativa EURO, pola que se regula a emisión de gases a atmosfera.

5.- Conta co esforzo por parte de todos por mellorar día a día en seguridade, tal e como o certifican as normas ISO 9001:2008 e UNE-EN 13816:2003, é a Normativa Europea para calidade nos servizos de transporte público e privado en autobús, normativa que contempla, entre outros aspectos, a seguridade no transporte.

Certificados de Calidade obtidos por Expres de Vea

Plan de calidade

A Dirección de EXPRES DE VEA enfoca o Sistema de Calidade como unha forma de organizar a súa vida empresarial, fundamentándoa nuns piares básicos como son: a calidade dos servizos, dos procesos, a mellora continua da eficacia do Sistema de Xestión da Calidade e a satisfacción do cliente. No marco no que se desenvolve a súa actividade, transporte de viaxeiros, é fundamental a percepción do cliente ata o noso traballo, pois este mercado é especialmente competitivo.

A competencia é cada vez maior, polo que é fundamental a percepción que o cliente ten dos servizos que se ofrecen. As administracións públicas contratan os  servizos, polo que resulta primordial poder demostrar que se enfoca a xestión da empresa a satisfacción dos clientes e usuarios e cumprir os requisitos impostos por eles. Por iso, a Dirección, declara o Sistema de Xestión da Calidade como obxectivo estratéxico e prioritario, encontrando os seus fundamentos e compromisos en:

• A CALIDADE e a súa mellora é responsabilidade de TODOS os integrantes da empresa, empezando pola propia Dirección.

• A CALIDADE é un aspecto fundamental no afán por manterse nunha posición competitiva dentro do mercado.

• A CALIDADE obtense non inspeccionando, senón planificando, executando, revisando e mellorando o sistema para previr os posibles erros

• A CALIDADE orientase ata a SATISFACCIÓN DE TODOS OS NOSOS CLIENTES mediante o compromiso de toda a organización en cumprir con todas as necesidades e os requisitos marcados por estes, así como cos requisitos legais e regulamentarios relacionados co servizo.

• A CALIDADE apoiase nun PLAN DE MELLORA CONTINUA, tanto da prestación de servizos como da eficacia do Sistema de Xestión da Calidade, na que PREVIR os erros sexa un aspecto fundamental.

• A CALIDADE  diríxenos a prestar a máxima atención a evolución tecnolóxica e as posibles melloras que as novas tecnoloxías poñan ao noso alcance.

• A CALIDADE require da participación e colaboración de TODOS, polo que é imprescindible ter en conta a MOTIVACIÓN, FORMACIÓN E COMUNICACIÓN. Para a aplicación efectiva destes principios é absolutamente necesario que sexan apoiados por parte, tanto do equipo directivo como de todo o cadro de persoal, así como de provedores e clientes.

A dirección de EXPRES DE VEA S.L. ca implantación da norma UNE-EN 13816:2003, define a sistemática seguida no "servizo regular, transporte de pasaxeiros regular de uso especial e servizo discrecional" para asegurar que o servizo prestado satisface as expectativas dos clientes e os requisitos regulamentarios e legais relativos a calidade, aportando o control necesario para alcanzar os compromisos de calidade do servizo, diminuíndo o risco de que se produzan incidencias durante a súa prestación.

Os criterios de calidade que nos obriga a cumprir a Norma UNE-EN 13816:2003 son:

1. Servizo ofertado.

2. Accesibilidade.

3. Información.

4. Duración.

5. Atención ao cliente

6. Confort.

7. Seguridade.

8. Impacto ambiental.



 

Contacto

  • Tlf. 986 58 64 83
  • Fax: 986 58 67 00
  • Email: info@expresdevea.com