EXPRES DE VEA
MÁIS DE 60 ANOS OFRECENDO TRANSPORTE DE CALIDADE
Expres de Vea, fundada no 1952 por Don Salvador Barcala Cerviño e Don Manuel Barcala Loureiro, nace para dar servizo ó transporte de viaxeiros desde a comarca do val de Vea (A Estrada) a feiras e mercados de Moraña, Padrón, Cuntis, Lestedo, Santiago e Rodeiro.
O longo dos anos adquirironse as empresas Autos J. Lorenzo Rodríguez S.L. en 1999 e Autos M. Lorenzo Rodríguez S.L. en 2008. Ademáis, en 2005 pasamos a formar parte da agrupación Travibús Noroeste A.I.E. Todo iso foi posible grazas á confianza depositada nesta empresa por parte dos nosos clientes e o noso continuo afán de superación.
FOTOGRAFÍAS PARA O RECORDO
FOTOGRAFÍAS PARA O RECORDO
Esta inquietude por manter unha empresa familiar nun mercado onde prevalece a lei do máis forte fai que intentemos superarnos día a día ofrecendo un servizo adaptado ás necesidades de cada cliente. Todo o noso persoal conta con unha alta experiencia na condución de autocares e trato co cliente.
O noso slogan defínenos: Confort, Calidade e Seguridade.
AS NOSAS INSTALACIÓNS
Actualmente as nosas oficinas e nave principal están ubicadas en Santa Cristina de Vea, a 7 km de A Estrada e a 20 km de Santiago de Compostela, tendo tamén outro centro en Catoira o adquirir a empresa AUTOS J. LORENZO RODRÍGUEZ, S.L. en 1999 y AUTOS M. LORENZO RODRÍGUEZ, S.L. en 2008.
A raíz desta adquisición, EXPRES DE VEA centrou a súa actividade únicamente no transporte de viaxeros por estrada en servizos regulares, escolares, de traballadores, discrecionais, etc.
AS NOSAS VENTAXAS
Trato personalizado e serio co cliente.
Atención telefónica os 365 días.
Persoal con gran experiencia na condución de autocares e o trato co cliente.
Autocares de última xeración, adaptados para persoas con movilidade reducida.
SEGURIDADE E CALIDADE
A nosa preocupación pola seguridade lévanos a imprantar no ano 2007 un Sistema de Calidade segundo a norma ISO 9001:2008 (revisado anualmente), que indudablemente contribúe a una mellora na organización da nosa empresa e repercute nun mellor servizo os nosos clientes.
Esta mesma inquietude lévanos a imprantar no ano 2009 a Normativa Europea para calidade nos servizos de transporte público e privado en autobús UNE-EN 13816:2003.
A NOSA FROTA
Expres de Vea dispón de unha frota de autocares moderna e innovadora, que se adapta ás necesidades de cada cliente.
A capacidade dos nosos autocares é variable en función do número de viaxeros. Así, ofrecemos a posibilidade de contratar autocares de 9 a 20 prazas, de 21 a 35 prazas e de 36 a 59 prazas, co máximo de prestacións: asentos reclinables, neveira, DVD, dobre avidramento, reposacabezas ergonómicos, cinturóns de seguridade, plataformas de acceso a persoas de movilidade reducida (PMR), etc.
Ademáis, todo iso vai acompañado cun cumprimento estrito das normativas europeas de seguridade en autocares, condución responsable e respecto co medio ambiente.
Podemosche axudar nalgo máis?
Calquera dúbida ou pregunta que che xurda non dubides en contactar connosco polo medio que máis cómodo che resulte. Estamoste esperando …
CONTÁCTANOS